A Asociación Cultural Desconcierto mostra a súa preocupación pola desaparición da programación musical de Radio Galega Música

10
Posted enero 22, 2013 by in Opinión

Tipo:
 

A través de este comunicado pretende dar a conocer el desmantelamiento progresivo del único canal público de música contemporánea en Galicia.

by DSC
Full Article

Dende hai uns meses, a Asociación Desconcierto Cultural ven observando con preocupación como está a desaparecer a programación musical da emisora Radio Galega Música, emisora pública que se escoita en toda a Comunidade Autónoma Galega e que, polo tanto, é a única capaz de chegar a unha poboación bastante dispersa.

A súa programación, na que houbo programas musicais especializados que cubrían diversos estilos e onde os músicos galegos tiñan a posibilidade de mostrar as súas creacións, foi desaparecendo progresivamente nos últimos meses ata ser practicamente inexistente e quedar limitada a un fío musical dunhas 23 horas ao día.

Sorprende máis, se cabe, tendo en conta que outras emisoras intentan desenvolver, non sen dificultades e trabas administrativas, unha programación estable deste tipo sen poder sequera pretender chegar a dar cobertura a toda a Comunidade.

Como Asociación Cultural, Desconcierto Cultural ten entre os seus fins, recollidos nos seus estatutos, os seguintes:

1.- O desenvolvemento e promoción de actividades enfocadas á difusión cultural na comunidade galega, enfocándose principalmente en propostas emerxentes, novas tendencias, novos artistas ou os máis afastados das canles de promoción habituais e que presenten certo nivel de risco nas súas propostas.

2. – O desenvolvemento e promoción de actividades e plataformas dedicadas á difusión cultural galega tanto en Galicia coma máis alá das fronteiras da nosa comunidade.

3. – O apoio á profesionalización e promoción de novos grupos galegos”.

Polo tanto, de acordo cos nosos principios fundacionais, defendemos unha emisora que apoie aos creadores e aos profesionais galegos. Entendemos que, como radio pública con licenza para dita tarefa, a segunda canle da Radio Galega debería ser a plataforma natural dos músicos e profesionais de Galicia. De seguiren así, ao sector (músicos, promotores, salas de concertos, estudios…) se lles causará un prexuízo irreparable por parte da que debería ser a súa principal voz radiofónica. Polo tanto é a nosa obriga dar a coñecer, a través dos medios de comunicación, esta situación que parece ser está a pasar desapercibida probablemente por descoñecemento.


About the Author

DSC


  • Fuck Ricardo Alonso

    La programación musical en la Radio Galega es profundamente sectaria… Por una parte está Ricardo Alonso, con su estudio 3 (con el fichaje ocasional de la “joyita” Charlie Fáber), quien gusta de despreciar a los grupos gallegos y, en su defecto, hacer promoción de cosillas de los 40 Principales como Leiva y otras maravillas. Por otra parte está el talibán Vituco “Only en Galego Please”, continuador en clave rock del ciclotímico legado de Xurxo Souto, quien realiza (es un decir, ya que es palpable que ni se curra guiones y pone las canciones de tres en tres -para hablar menos-). Su programa es, nunca mejor dicho, un furancho en el que cabe poco más que un fan de Zenzar…

    Algunos echamos de menos el espíritu de Marcos López, presentador durante años de “Augas Atlánticas” un programa emitido por la extinta Radio 4 hasta aproximadamente 1992. En sus emisiones, conjuntaba lo mejor de la música internacional del momento, oldies y música gallega desde una perspectiva caracterizada por el buen gusto y la amplitud de miras, atributos de los que Radio Galega(desde el punto de vista de la música pop siempre ha carecido).

    • xiana

      Pois ao fio do que comentas “Fuck Ricardo Alonso”…o que ocurre é que o máis Talibán es tí…que so insultas, majete!! O certo é que os programas dos que falas son ben distintos…un apenas programa música galega e o outro apenas programa música en castelán! Non quere decir eso que molesten!!! E eso si….podería existir un programa en horario de audiencias grandes e variadas… (na tarde) no que coubera todo…sen duda!!! Pero eso non da licencia a insultar e a desvirtuar o gran traballo que fan estes dous programas de cara á promoción das bandas galegas e dos concertos e festivales en Galicia!!! Dame que MÁIS SECTARIO QUE TÍ NINGUÉN!!! E falasnos de bon gusto…..que peniña!!!

    • http://twitter.com/chuspiro senen

      E logo, na túa opinión, que se supon que debería soar na radio galega música??

    • Sugus

      Así lle vai ó país. Con mamarrachos como este. Viva o Planeta Furancho e a múscia en galego.

    • pequeno monstro

      Non coincido co teu comentario canto a “rematar” o pouco que queda na Radio Galega, pero si coa túa apreciación de Marcos López e das súas Augas Atlánticas na extinta Radio 4 e se non me equivoco da desparecida Radio Cadena Pop. Sabes que está a facer Marcos López actualmente?

    • http://cccp.blogaliza.org/ W. Sobchak

      Tes toda a razón amigo Fuckinho. A Radio Galega Música é tan sectaria que ten 1 hora ao día ( de 24) reservada para grupos que so cantan en galego.

      E claro, é intolerable nun dial como o galego, inzado de emisoras que promonocionan a música e a lingua dos indíxenas

      Xa vos tarda mandarnos ao gulag… eh? repunantinhos…

    • F*** Ricardo Alonso

      Lamento la intolerancia y la lluvia de insultos que motiva una personal opinión. Profesionalmente, les deseo a Ricardo y a Vituco que les vaya de maravilla; ahora bien, no me gusta nada lo que hacen, NADA DE NADA. La cita a Marcos López no es gratuita: creo que no hay que hacer “gulags” o “furanchos” con la música “en galego” sino simultanearla con cualquier otra música (y programarla con asiduidad). Lo de separar los programas de rock/pop por temática/estilo/idioma me parece puro aparheid. Por cierto, lamentablemente no sé qué hace Marcos López ahora (¡cuánto lo echo de menos!). ¿Por qué me molaba el estilo de radio de Marcos López? Pues creo que por lo mismo por lo que molaba John Peel; y por no mismo por lo que no me gustaba Ordovás o Julio Ruiz… Venga, ahora a seguir con los insultos de los “talibanciños”.

      • Sugus

        Mellor talinbacinho que mamarracho espanhol. E o primeiro en insultar fuches ti poñéndote de nome eso que tes aí. E mellor xa nin entrar a valorar esa opinión tan constructiva que deixaches. Na linha do espanholismo casposo imperante. “En galicia hay mucho gallego”. Fago caso e a seguir logo cos insultos: MA-MA-RRA-CHO

        • F***k Sugus

          No voy a tomar más sugus por si me sientan como a ti. En Afganistán (y en Chiquitistán) recibirían con los brazos abiertos a gente educada y culta como tú… Keep on rockin’… jajajaaj

  • radioadicto

    pois eu escoitaba de vez en cando radio galega musica,e sinceramenete sempre me pareceu unha especie de radio 3 a galega,unha radio sin un estilo propio, un totum revolutum,non sei mesmoo programa de ricardo ultimamente era raro,poñian catrotemas o empezar,despois pinchaban as frikadas denonseiquen e despois un directo con sonido normalmente cutre unha hora,hai moitas maneira de facer radio, por exemplo eu faria un programamatinal pinchando todo tipos de musicas mezclando galego castelan, e despois radio formula pero cunestilo mais ou menosdefinido depoprock,ou indie rock ou o q sexa pero non se pode pasar de julio iglesias a depeche mode sin despeinarse…creo eu