Malandrómeda – Cada can que lamba o seu carallo

0
Posted febrero 26, 2016 by in 2016

Publicado:
 
Sello:
 

-E velaquí a outra reseña de Malandrómeda, neste caso a cargo de Jose Lemur: “Unha apoteose do old-school da nova escola galega”.
-Y aquí la otra reseña de Malandrómeda en este caso a cargo de Jose Lemur: “Una apoteosis de la old-school de la nueva escuela gallega”.

Rating

Valoración
 
 
 
 
 

4/ 5

by Jose Lemur
Full Article

Algúns poden preguntar polo número de voltas que precisa dar un can antes de acostarse, Malandrómeda parecen ter claro que sempre o vai facer na derradeira. Cada un dos seus pasos vai encamiñado cara a unha música creada para facerche sentir un latexo de emoción.

O hip-hop é a cultura musical máis universal e a que mellor se adapta en cada barrio, vila e aldea ás necesidades de quen se expresa en rimas con bases sampleadas. Xa o fixeron Os Resentidos no Vigo postmovida e post-transición.

Malandrómeda leva desde a súa formación no ano 2005 sendo unha peza chave do jip-jop galego. O HeviO Master do Son (sustituto de Caldeirada nas bases)  son quen de causar risa e ser serios a un tempo no combate da autenticidade do rap. Moito flow, como flocos de millo estalando nos dentes, neste “Cada can que lamba o seu carallo” que Matapadre saca xunto a “Os corenta e oito nomes do inimigo”.

As bases tanto cheiran a electro feito nas estacións elevadoras de Fenosa como mesturan a tenebrosa dualidade dos nomes Ozzy/Bertín co blues fumeante do bar dos hipsters de Twin Peaks. Unha apoteose do old-school da nova escola galega, todo isto empaquetado nun vinilo cunha espectacular portada feita polo grafiteiro e rapeiro Sokram.

A dispersión entre tema e tema e os cambios de estilo poden ser debidos aos cinco anos transcurridos desde “Que nos leve pra diante” (Temazo, 2011) pero mostra a clase dos que a teñen aínda que vaian calzando unhas zapas cotrosas e vestidos de chándal.

***********************************************************************

Algunos pueden preguntarse por el número de vueltas que necesita dar un perro antes de acostarse, Malandrómeda parecen tener claro que siempre lo va a hacer en la última. Cada uno de sus pasos va encaminado hacia una música creada para hacerte sentir un latido de emoción.

El hip-hop es la cultura musical más universal y la que mejor se adapta en cada barrio, villa y aldea a las necesidades de quien se expresa en rimas con bases sampleadas. Ya lo hicieron Os Resentidos en el Vigo postmovida y post-transición.

Malandrómeda lleva desde su formación en el año 2005 siendo una pieza clave del jip-jop gallego. El Hevi y O Master do Son (sustituto de Caldeirada en las bases)  son capaces de causar risa y de ser serios al mismo tiempo en el combate de la autenticidad del rap. Mucho flow, como palomitas estallando en los dientes, en este “Cada can que lamba o seu carallo” que Matapadre saca junto a “Os corenta e oito nomes do inimigo”.

Las bases tanto huelen a electro hecho en las estaciones elevadoras de Fenosa como mezclan la tenebrosa dualidad de los nombres Ozzy/Bertín con el blues humeante del bar de los hipsters de Twin Peaks. Una apoteosis del old-school de la nueva escuela gallega, todo esto empaquetado en un vinilo con una espectacular portada hecha por el grafitero y rapero Sokram.

La dispersión entre tema y tema y los cambios de estilo pueden deberse a los cinco años transcurridos desde “Que nos leve pra diante” (Temazo, 2011) pero muestra la clase de los que la tienen aunque vayan calzando unas zapas cotrosas y vestidos de chándal.


About the Author

Jose Lemur