Malandrómeda – Os corenta e oito nomes do inimigo

0
Posted febrero 26, 2016 by in 2016

Publicado:
 
Sello:
 

-Xa temos a reseña dunha das dúas entregas de Malandrómeda e a puntuación que lle dá Fer é a máxima. Podes escoitalo disco no interior.
-Ya tenemos la reseña de una de las dos entregas de Malandrómeda y la puntuación que le da Fer es la máxima. También puedes escucharlo en el interior.

Rating

Valoración
 
 
 
 
 

5/ 5

by Fernando de Arana
Full Article

 

Se non queres caldo… Toma dúas cuncas.

Filosofía de taberna compostelá en estado puro. Todo o que fai Hevi -indiscutible lider de Malandrómeda ou Fluzo- está impregnado desa actitude; pero tamén do deambular diario pola Rúa de San Pedro, das idas e vindas nocturnas sen paraugas cun diluvio de pano de fondo. Iso, e unha capacidade de reflexión que ataca á neurona do oínte e serve como espello das vidas de cada un de nós: retratando as filias e as fobias, os vicios e as virtudes, fiel reflexo das miserias diarias ou das escuras fantasías -cumpridas ou non- de calquera de nós, outorgándolle un halo de sabia universalidade, aínda que sempre transmitido nas súas rimas desde unha formulación positiva e cunha visión aprehendida como de neno grande.

Rebelde e vangardista como poucos, pero consciente de que a tradición é punta de lanza, Hevi é o alfa e o omega do rap galego pero renuncia a ser un novo Eminem, transformándose nunha especie de Wilco Johnson que cambia a Fender Telecaster polo verbo deslenguado tras o micrófono.

Nesta dobre aposta de Malandrómeda perde a Caldeirada pero gaña a O Master do Son como compañeiro de viaxe e o resultado é óptimo. “Os corenta e oito nomes do inimigo” alterna a desternillante cacharrada de Fluzo cun dramatismo controlado que chega á medula. A mestura resulta unha perfecta marcha imperial para “A Guerra das Galicias” cun Feijóo reconvertido en Darth Vader e un Beiras en Obi Wan ou coma perfecta banda sonora dunhas hipotéticas xornadas gastronómicas do caldo na Taberna Galáctica. É esa capacidade única de Malandrómeda para rockanrolear a liturxia e facer cantar a un tempo a todo o público esas rimas inigualables mentres todo salta polos aires.

O artwork do disco, obra de Denís AKA Bluemouse, é unha pequena marabilla troquelada que parece reflectir cunha bela montaxe fotográfica ese espírito pétreo e chuvioso de día invernal compostelán cando sae un raio de sol e que tanto gusta aos picheleiros e picheleiras.

********************************** **********************************

Si no quieres caldo… Toma dos tazas.

Filosofía de taberna compostelana en estado puro.

Todo lo que hace Hevi -indiscutible lider de Malandrómeda o Fluzo- está impregnado de esa actitud; pero también del deambular diario por la Rúa de San Pedro, de idas y venidas nocturnas sin paraguas con un diluvio de telón de fondo. Eso, y una capacidad de reflexión que ataca a la neurona del oyente y sirve como espejo de las vidas de cada uno de nosotros: retratando las filias y las fobias, los vicios y las virtudes, fiel reflejo de las miserias diarias o las oscuras fantasías -cumplidas o no- de cualquiera de nosotros, otorgándole un halo de sabia universalidad, aunque siempre transmitido en sus rimas desde un planteamiento positivo y con una visión aprehendida como de niño grande.

Rebelde y vanguardista como pocos, pero consciente de que la tradición es punta de lanza, Hevi es el alfa y el omega del rap gallego pero renuncia a ser un nuevo Eminem, transformándose en una especie de Wilco Johnson que cambia la Fender Telecaster por el verbo deslenguado tras el micrófono.

En esta doble apuesta de Malandrómeda pierde a Caldeirada pero gana a O Master do Son como compañero de viaje y el resultado es óptimo. “Os corenta e oito nomes do inimigo” alterna la desternillante cacharrada de Fluzo con un dramatismo controlado que llega a la médula. La mezcla resulta una perfecta marcha imperial para “La Guerra de las Galicias” con un Feijóo reconvertido en Darth Vader y un Beiras en Obi Wan o como perfecta banda sonora de las jornadas gastronómica del caldo en la Taberna Galáctica .Es esa capacidad única de Malandrómeda para rockanrolear la liturgia y hacer cantar a coro a todo el público esos estribillos inigualables mientras todo salta por los aires.

El artwork del disco, obra de Denís AKA Bluemouse, es una pequeña maravilla troquelada que parece reflejar con un montaje fotográfico ese espíritu pétreo y lluvioso de día invernal compostelano cuando sale un rayo de sol que tanto nos gusta a los picheleiros y a las picheleiras.


About the Author

Fernando de Arana