Estrea de “18″ de Sr. Anido & Sra. Álvarez.

0
Posted septiembre 14, 2016 by in Galicia

Foto: Luis Díaz Díaz
 
Tipo:
 

Estreamos o disco de Sr Anido & Sra Álvarez, unha coproducción vinílca entre Discos Porno, Prenom, Grabaciones de Impacto e Discos Bajo el Volcan.

by DSC
Full Article

Xa está dispoñible o esperado disco de Rafa Anido e Javi Álvarez. O inquedo e activo Anido -cunha longa traxectoria que pasa por bandas como Los Iribarnes, Jimenez Los Santos, Metralletas Lecheras ou Travesti Afgano- xúntase a Álvarez, artista multidisciplinar e metade de Dúo Cobra e Fluzo.
Logo dunha intensa colaboración entre estes dous elementos continxentes e necesarios chega “18″. O disco convértese no decimoitavo artefacto sonoro da inclasificable discografía en solitario de Sr. Anido, e de aí vén o título. Está producido por eles dous e gravado por Javi Álvarez en La Follable e masterizado por Rafael Martínez del Pozo.

Unha obra construída durante os últimos catro anos e da que, en palabras de Cibrán Tenreiro para este medio, “podes dicir que é cósmica, galáctica, universal ou, simplemente, humana. En media hora fai que rías e chores, que saias de ti e que volvas”.  Na súa nota de prensa destacan que combinan surf, garage, pop, banda sonora, noise, protoelectrónica ou shoegaze cantado en galego, castelán e o idioma propio anidiano.

Xa podes escoitalo completo e pedir o disco editado en vinilo de 12 polgadas, ademais de descarga dixital, nunha colaboración de Prenom, Grabaciones de Impacto, Bajo el Volcán e Porno.

 


About the Author

DSC