Estrea de “Postal”, o segundo disco de Chicharrón .

0
Posted marzo 9, 2016 by in Galicia

Tipo:
 

Xa podedes escoitar o esperado novo disco de Chicharrón que hoxe sae publicado por Prenom. Unha pequena xoia artesanal feita en Galicia e cantada en galego onde a banda evoluciona co seu pop emocional hacía unha nova espiritualidade. O grupo o presentará o vindeiro venres 11 de marzo no Pazo da Cultura de Carballo.

by Jose Lemur
Full Article

 

Postal

 

Xa podedes escoitar o esperado novo disco de Chicharrón que hoxe sae publicado por Prenom. Unha pequena xoia artesanal feita en Galicia e cantada en galego onde a banda evoluciona co seu pop emocional cara a unha nova espiritualidade.

A banda que se move entre Carballo e O Grove presenta hoxe en strreaming o seu novo disco. Xa pola tarde, estarán no programa Onda Vital da Radio Galega onde falaràn de “Postal” (Prenom, 2016) coa conductora do programa, Xiana Arias Rego.

O disco sae editado por Prenom, a produtora de Rubén Domínguez e Mar Catarina, ambos na banda, facendo el labores de produción e ela encárgase da fotografía e deseño. Ademais volven a involucrar na gravación a Tomás Ageitos de Estudios A Ponte en Roxos, Compostela, encargándose da masterización Ibán Pérez do Estudio Terraforma en O Hío, Cangas do Morrazo.

A formación foise ampliando desde a súa anterior gravación, como poidemos comprobar nos seus directos, e agora mesmo son Alberto Vecino, voz e guitarra, Diego Gende, guitarra, Mar Catarina, teclados, Rubén Domínguez, baixo, e Xurxo Meis na batería.

“Postal” (Prenom, 2016)  é o título do seu segundo álbum, un devocionario con cancións nas que a redención do seu debut da paso á epifanía cunha paleta musical moito máis ampla en profusión de teclados e a novidade das guitarras electrificadas. Cancións que na voz de Alberto M. Vecino, ex-Franc3s,  soan taumatúrxicas.

Xa por outra banda, Chicharrón presentarán en directo “Postal” (Prenom, 2016) o vindeiro venres 11 de marzo no Pazo da Cultura de Carballo a partires das 21:00 horas.

Aquí podedes comprobar cal é o son que ten o disco que con moito gusto presentamos:

http://chicharron.bandcamp.com/album/postal


About the Author

Jose Lemur