Santiago de Compostela celebra a súa noite de bandas galegas hoxe xoves

0
Posted julio 21, 2016 by in Galicia

Tipo:
 

- Caxade, Cró!, Malandrómeda, Familia Caamagno e Terbutalina configuran o cartel
- Terá lugar na praza da Quintana a partir das 22:00. A entrada é de balde.

by QA
Full Article

Santiago de Compostela celebra, dentro do marco das festas do apóstolo, unha noite adicada integramente a bandas galegas. O indie-folk de Caxade, o garage-punk de Terbutalina, o hip-hop tabernario de Malandrómeda, a música radical de Cró! e o revisionismo pop de Familia Caamagno daranse cita na praza da Quintana esta noite a partir das 22:00. A entrada  é de balde.

É o segundo ano consecutivo que se celebra este evento e, como na anterior edición, colabora na programación Work On Sunday, responsables, entre outros, do prestixioso festival WOSINC.


About the Author

QA