Sarria acolle a primeira edición do festival de música electrónica Que Facemos!? Fest

0
Posted julio 11, 2016 by in Galicia

Tipo: ,
 

- Terá lugar o próximo 29 de xullo no Bongo Club.
- Damian Schwartz, Pálida, Pantis, Torso, Disco Episcopal e recoñecidos dj’s do underground galego forman o cartel.

by QA
Full Article

Que Facemos!? Fest é o nome do festival de música electrónica que se celebrará en Sarria o próximo 29 de xullo. Detrás do evento atópase a asociación homónima, con sede nesa localidade lucense, Que Facemos!? Damian Schwartz, Pálida, Pantis, Torso, Disco Episcopal e os dj’s do underground galego Erreome, Mateo Fixemberg, Sutan e Under the Ball aka Fonkind actuarán no Bongo Club.

Todos os artistas son galegos, coa excepción de Damian Schwartz. O aclamado produtor e dj madrileño publicou recentemente o LP “A Dancing Behaviour”, tras 8 anos de silencio baixo o seu nome, nos que estivo centrado noutros proxectos paralelos. Esta é unha boa oportunidade para ver a este respectado músico, que leva moitos anos sen actuar en Galicia.

A organización tamén prevé algunha actividade complementaria e teñen en proxecto unha posible sesión vermú, nunha terraza, para dar a benvida. Tamén hai intención de montar unha pequena caseta con diferentes fanzines galegos e con traballos de deseñadores.

Apostar por artistas autóctonos era unha máxima do festival e da asociación. Segundo Borja Muñoz, presidente de Que Facemos!?, en Galicia “estánse a facer cousas que nos parecen igual ou de maior calidade que noutros puntos da península”.

En canto ao criterio de selección de bandas, Muñoz afirma que decidiron manter a súa liña electrónica habitual, caracterizada polos seus ritmos house, groovy e, mesmo, algo de funk. Para esta ocasión, optaron por ceder importancia aos directos, posto que é un dos obxectivos da asociación, acompañados das sesións de dj’s e produtores que interesan en Que Facemos!?.

Entre os obxectivos expostos para esta primeira edición, ademais de “desfrutar do musicón con amigos”, está a idea de crear “vínculos con outra xente que monta cousas noutros lugares”. Ou o que é o mesmo, unha aposta firme pola intelixencia colectiva e polo “Faino Ti Mesmo”.

O festival celebrarase ao aire libre, na terraza do Bongo Club, desde as 17:00 ata entrada a madrugada. A partir desa franxa horaria, as actuacións trasladaranse ao interior da sala. Dadas as características da localización, o aforo estará limitado a 220 persoas con entradas anticipadas a 10€ e a 12€ en taquilla.


About the Author

QA