TerraZeando continúa en agosto coa música de Remate

0
Posted agosto 4, 2016 by in

 

O músico madrileño estará por partida doble no #TerraZeando que organiza Desconcierto Cultural. Primeiro en Compostela no Restaurante Sendeiro o mércores 10, ao día seguinte na Coruña en La Mar Salada, e finalmente nunha terceira data o venres 12 no Manchita Cosa ferrolán, aquí fora do ciclo.

by DSC
Full Article

Comenza o mes de agosto e o TerraZeando non para. É máis, como as sementes que arraigan na terra, e que podedes recoller nos nosos concertos, o ciclo multiplícase por dous coa música do madrileño Remate, chegando por partida doble a Santiago e A Coruña.

Sementes_ (1)

Sementes

Primeiro será a quenda do Restaurante O Sendeiro en Compostela, no Barrio de Sar, o vindeiro mércores 10. Ao día seguinte será La Mar Salada na Praza de La Cormelana ao carón da céntrica Rúa de San Andrés.

Para rematar, e valla a redundancia, Remate estará no Manchita Cosa ferrolán, aquí fora do ciclo TerraZeando o venres 12.

REMATE: A soidade do corredor de fondo musical. Tras máis dunha década de carreira e unha ducia de discos as súas costas, Remate demostrou unha integridade camaleónica a proba de balas. Surrealismo cínico e socarrón directo á médula do oínte, ou coma se eo veleno da picadura dun escorpión tricéfalo encarnárase en Jim O’Rourke, Stephen Merritt y Mark Everett.

Na súa última entrega, a epopeia “Cabello de Ángel, Tocino de Cielo“, os seus textos -non tan oníricos e as veces desesperadamente terapéuticos- retratan o fanatismo costumbrista dun pasado, pero visto dende a vergoña allea, a que por obriga familiar tocoulle vivir. Tanta tanta, coma para ter que sacar a cabeza do burato e non caer afundido ante o diván del psicólogo.

Tapado de oro imprescindible da música contemporánea ibérica, Remate compartiría banquillo con Dalí para afirmar aquelo de “surrealismo soy yo“… Aínda áxil, veloz e con extrema pulcritude: “Tal como una araña a punto de comerse una mosca”.

Xira de Remate - Ciclo TerraZeando 

O Sendeiro – Santiago de Compostela | Mércores 10/08/2016 – 21:00h
La Mar Salada – A Coruña | Xoves 11/08/2016 – 21:00h

Xira de Remate

Manchita Cosa – Ferrol | Venres 12//08/2016 – 21/00h


REMATE – marica y drogadicto – Full VideoClip 1080p from Miss Wasabi Films on Vimeo.

 


About the Author

DSC