The Cosmic Dead, Celestial Bums o Siesta! dentro de la programación musical de Curtocircuito2016

0
Posted octubre 3, 2016 by in

 

La banda escocesa destaca en un cartel de tres días de auténtico lujo -6,7 y 8 de octubre- en el que también estarán Camarada Nimoy, los lusos Equations y Dragao Inkomodo; así como las sesiones de los DJ: Pablo Electrocute y La Isla del Tesoro.

by DSC
Full Article

Curtocircuito 2016 regresa y un año más ofrece un programa multidisciplinar con especial énfasis en lo musical. Este año, aliados con Work On Sunday y La Melona, se dejan tentar por las distintas ondas del amplio espectro psicodélico. La cita será durante tres noches seguidas -del 6 al 8 de octubre- y en dos salas, la flamante Sala Riquela, y la clásica Sala Capitol.

The Cosmic Dead y Equations en la Sala Capitol el sábado 8

La banda escocesa The Cosmic Dead sobresale en un cartel de lujo. Capaces de transportar a su audiencia con vertiginosas cadencias rítmicas e hipnosis sonoras hasta un agujero negro del más allá sideral; algunos recordarán su exhibición en aquel extraordinario concierto de cierre de la primera edición del Wos Inc en la ya desaparecida Zona C.

Viajes extra corpóreos, recuerdos a los mejores Faust, kraut expansivo sin regreso y densidades de once sobre diez, su directo es una oda a la improvisación donde todo puede ocurrir. Ademàs, por si esto fuera poco, The Cosmic Dead estarán acompañados por otra propuesta mayúscula aunque de corte más progresivo, Equations, una banda lusa que hará de esta, una velada perfectamente simétrica y armonizada. Como guinda, Pablo Electrocute ofrecerá su particular schnitzel holstein para que nadie vuelva a casa con apetito… al menos del musical.

e

Programa y venta de entradas 

 

<> Curtocircuíto & WORK ON SUNDAY Presentan: <>

- ————– – —– XOVES 6 DE OUTUBRO—– – —————- -

CELESTIAL BUMS + CAMARADA NIMOY

Riquela Club | Xoves 6 de outubro | 00:00 h | Entrada: 6 €
Puntos de venda: Billeteira do Teatro Principal ou entradas.abanca.com
Apertura de portas: 00:00 a.m.

Celestial Bums

Celestial Bums golpea directo ao corazón cun traballo de psicoledia morderna e líquida. A banda ven de publicar agora o seu primeiro longa duración no selo belga EXAG Records. Ascend disecciona un amplo espectro de psicodélicas paisaxes musicais, que van desde unha mestura de rock onírico e brumoso ata mantras drónicos repletos de fuzz e progresións enerxéticas ao estilo Velvet Underground. O álbum foi gravado nos Cacophony Studios de Austin (Texas) e foi producido por Kyle Hunt (The Black Angels).

Camarada Nimoy

Non son unha banda de surf nin de swing nin de jazz, pero gustan de todos e cada un deses xéneros. Tampouco os seus membros son uns fanáticos trekkies de orellas en punta, pero están fascinados pola vasta multitarefa musical e poética de Leonard Nimoy, maiormente coñecido polo seu papel de Spock en Star Trek.

- ————– – —–SÁBADO 8 DE OUTUBRO—– – —————- -

THE COSMIC DEAD + PABLO ELECTROCUTE + EQUATIONS

Sala Capitol | Sábado 8 de outubro | 21:30 h | Entrada: 12 €
Puntos de venda: Taquilla del Teatro Principal, Entradas ou billeteira da Sala Capitol unha hora antes do concerto
Apertura de portas: 21:30 h

The Cosmic Dead

Son un dos segredos mellor gardados da música escocesa. Unha banda de auténtico rock psicodélico e interestelar, posuidora dun directo demoledor e catártico. A súa música susténtase sobre elaboradas suites sonoras onde dan renda solta á súa enorme capacidade improvisadora coa que transportan a audiencia a universos eléctricos. Unha liberdade que tamén se deixa translucir nunha política discográfica tan xenerosa como en ocasións esquiva.

Pablo Electrocute

Entre o eclecticismo e o pastiche, entre a disonancia e a orde metronómica, Pablo Electrocute, zahorí de músicas ocultas e coleccionista compulsivo, concentra toda a súa experiencia e coñecemento, un pasado de música cargada de enerxía capaz de sobrevivir, grazas á súa pulsión rítmica, ao incerto futuro dunha audiencia que, en xeral, disocia diversión e baile.

<> Curtocircuíto & LA MELONA Presentan: <>

- ————– – —– VENRES 7 DE OUTUBRO —– – ————— -

Concerto La Melona: Siesta! + Dragão Inkomodo + La Isla del Tesoro

Riquela Club | Venres 7 de outubro | 00.00 h | Entrada: 6 €
Puntos de venda: Billeteira do Teatro Principal ou entradas.abanca.com

Apertura de portas: 23.45 h

Siesta!

Siesta! é unha banda de Valencia formada por Jonathan Cremadas e Pepe Ábalos. Fan punk, electrónica, psicodelia, rock ou todo xunto; a súa música constrúese a base de loops gravados en directo, e mergúllase no hipnotizante e repetitivo mundo de dous gorilas asfixiados que tocan os tambores no ritual eterno no que o material se engole e a alma se esparexa.

Dragão Inkomodo

Cunha disposición pouco vista para a creación, apetece dicir que no moi rico e peculiar universo de Dragão Inkomodo (onde o nonsense e o experimentalismo de Zappa parecen ter sempre unha palabra que dicir) cabe todo canto a imaxinación permite: big beat, techno lo-fi, pop vaporoso… Todos estes xéneros conviven pacífica e loxicamente nuns collages vívidos que Nuno Vicente imaxinou no seu cuarto e que, aos poucos, comezan a xurdir no escenario coa mesma vitalidade e liberdade que lle coñecemos en disco.

La Isla del Tesoro

Natural de Trubia (Oviedo) e fincado en Santiago de Compostela, La Isla del Tesoro é arquicoñecido na cidade polo eclecticismo que caracteriza as súas sesións, tanto na variedade de estilos musicais como no medios que emprega para realizalas.


About the Author

DSC